A empresa
Compostelana de Transportes, Compostra S.C.G. é unha cooperativa dedicada ao transporte de mercancías por estrada nacional e internacional. Inicia a súa andadura en Santiago de Compostela o 14 de abril de 1988 grazas á iniciativa de varios transportistas que deciden unirse co fin de crear unha única flota de camións que permitise:
- Expandir e fidelizar clientes.
- Centralizar as tarefas administrativas.
- Dispoñer de unha sólida cobertura legal e financieira.
Formada á súa vez por un equipo de autónomos e empresas profundamente coñecedores do sector, fai que Compostelana de Transportes S.C.G. teña un valor engadido ao extremarse o bo trato cos clientes e casas cargadoras, o cumplimento de horarios e o esmerado coidado da mercancía en todo momento, xa que todos son conscientes da súa importancia.
Este compromiso conxunto polo bo facer no mundo do transporte permite que Compostelana de Transportes S.C.G. obteña no ano 2003 a ISO 9001, certificado de calidade na Xestión De Transporte Nacional e Internacional De Mercancías Por Carretera, certificado que mantemos desde entonces ininterrumpidamente.
Despois de 25 anos de historia, avalada pola profesionalidade dos seus 65 socios e cunha flota de 104 camións, Compostelana de Transportes S.C.G. convirteuse na empresa líder de Galicia no seu sector, tanto pola calidade dos servizos prestados como pola súa cuota de mercado.